Waterpolo na Peregrina, proposta do CW Pontevedra para captar socios

Pontevedra
18 de xuño 2016

Decenas de persoas participaron na actividade Waterpolo na Rúa, coa que o club quixo promocionar a práctica deste deporte entre a cidadanía pontevedresa

Actividade 'Waterpolo na Rúa' do CW Pontevedra
Actividade 'Waterpolo na Rúa' do CW Pontevedra / Mónica Patxot

Non hai nada mellor para adentrarse nun deporte que achegalo á rúa. Iso é o que fixo este venres o Club Waterpolo Pontevedra.

Decenas de persoas participaron na actividade Waterpolo na Rúa, coa que o club quixo promocionar a práctica deste deporte entre a cidadanía pontevedresa.

Fíxoo nas inmediacións da igrexa da Peregrina cunha pequena piscina portátil no que propoñían unha serie de xogos aos participantes, tanto nenos como maiores.

Con esta iniciativa, o Club Waterpolo Pontevedra deu inicio á campaña de captación de socios co obxectivo de alcanzar os 200 nun par de anos.

Facéndose socio do club, os abonados reciben un carné nominativo co cal poden acceder a numerosos descontos e ofertas en comercios de Pontevedra e arredores.

Durante Waterpolo na Rúa, o club fixo entrega dos carnés de socio números 1 e 2 a Sesé Vázquez e Fernando "Malecho", ex presidente e vicepresidente respectivamente do Club Natación Pontevedra.