O Waterpolo Pontevedra, un club en plena forma

Pontevedra
07 de outubro 2025
Actualizado: 13:38

A entidade deportiva celebrou a presentación da nova tempada deportiva con todos os seus equipos, demostrando a súa boa saúde con representación en todas as categorías

Presentación da temporada 25-26 do Waterpolo Pontevedra CW Pontevedra

Listo para a batalla deportiva.

O Club Waterpolo Pontevedra presentou os equipos cos que competirá esta tempada, demostrando a súa boa saúde.

A entidade pontevedresa contará este curso con representación nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta.

Todo iso contando cun conxunto sénior feminino que por cuarta tempada consecutiva competirá na Primeira División Nacional e que volve ser a punta de lanza do club.

O acto de presentación celebrouse no edificio administrativo da Xunta de Galicia e contou coa presenza de diversas autoridades.

Alí estaban a concelleira de Deportes, Anabel Gulías; o vicepreseidente da Deputación, Rafa Domínguez; o delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera; e o presidente da Fundación Rías do Sur, Serafín Piñeiro.

A guinda a esta celebración púxoa o sábado o equipo absoluto masculino do Waterpolo Pontevedra ao proclamarse campión da Supercopa Galega ao vencer o CW Santiago por 12-5 na piscina de Rías do Sur.

Polo que respecta ao equipo de Primeira Nacional Feminina, ten previsto o seu debut oficial na liga este mesmo sábado 11 de outubro, aínda que a súa estrea se producirá a domicilio visitando a piscina do CN Cuatro Caminos madrileño.