Xa roda o balón na Seca: Arranca a pretemporada para o Poio Pescamar

Poio
07 de agosto 2017

Apenas dous meses despois de poñer fin á tempada, coa organización da Copa de España, o Poio Pescamar volve retomar a súa actividade. Este luns iniciou oficialmente para as pontevedresas a pretemporada, cunha suave sesión que se celebrou no pavillón da Seca, en Poio

Inicio dos adestramentos para o Poio Pescamar 2017-2018 Cristina Saiz

Apenas dous meses despois de poñer fin á tempada, coa organización da Copa de España, o Poio Pescamar volve retomar a súa actividade. Este luns iniciou oficialmente para as pontevedresas a pretemporada, cunha suave sesión que se celebrou no pavillón da Seca, en Poio.

Alí estaban citadas todas as xogadoras que continúan con respecto á tempada anterior e as, polo de agora, dúas únicas fichaxes do equipo para esta tempada.

Trátase de Iria Saeta, a máxima goleadora en Primeira División nas dúas últimas tempadas e que chega a Poio procedente do Cidade de As Burgas; e da pivote Vanessa Bugallo, que militou a pasada tempada no Moaña de Segunda División.

Ambas se sumarán a un plantel que, con xogadoras da talla de Silvia Aguete, Ceci, Ale de Paz, Charo ou Jenny Lores, tratará de aspirar a grandes logros, tras asinar este ano a mellor tempada da súa historia, quedando sextas na liga e campioas da Copa Xunta.

Toda a preparación deste mes estará encamiñada a chegar nas mellores condicións posibles ao debut ligueiro, que terá lugar o 16 de setembro na Seca fronte ao conxunto madrileño do Futsi Atlético Féminas, o vixente campión de liga.