Xogadores de Galicia e Portugal animan o VI Pontexadrez

Pontevedra
29 de maio 2016

Máis de 300 xadrecistas de todas as idades déronse cita na competición celebrada na Praza de España

VI Pontexadrez
VI Pontexadrez / Diego Torrado

Por segundo día consecutivo a carpa instalada pola Escola Xadrez Pontevedra na Praza de España encheuse de actividade este sábado coa celebración do VI Pontexadrez.

Máis de 300 xogadores de todas as idades, chegados de toda a xeografía galega e tamén do norte de Portugal, batéronse en case 2.000 partidas de xadrez. 

A competición desenvolveuse desde a categoría sub-8 ata a absoluta.

Con esta actividade péchase a fin de semana de xadrez na rúa coa que a Escola Xadrez Pontevedra pretendía achegar esta actividade aos seus veciños.