Xornada atrasada de 'Reis' para o atletismo pontevedrés

Pontevedra
03 de febreiro 2025
Actualizado: 15:46

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva foi escenario do VII Torneo de Reis organizado polo Club Atletismo Rías Baixas

VII edición do Torneo de Reis celebrado no CGTD

O atletismo pontevedrés viviu unha auténtica xornada festiva para celebrar, un mes máis tarde, os 'Reis' e empezar a mirar cara á tempada ao aire libre.

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva foi escenario o sábado 1 de febreiro do VII Torneo de Reis organizado polo Club Atletismo Rías Baixas.

A cita fora suspendida no seu día por temporal, e aproveitou o cambio de data para lucir as súas mellores galas.

Até 600 novos atletas de toda Galicia participaron na competición, desde a categoría sub-10 en diante.

Toda unha oportunidade para mostrar o apreso nos seus adestramentos, e é que se viviron multitude de mellores marcas persoais entre os participantes.