Xornada de empates na Terceira División

O Salnés
06 de novembro 2016

O Arosa non pasou do empate na visita ao campo da Lomba do Compostela, mentres Villalonga e Ribadumia tamén sumaron un punto. O Céltiga pola súa banda perdeu en Cerceda

Partido do Villalonga en San Pedro Diego Torrado

Repartición de puntos na Lomba nun duelo de poder a poder disputado entre o Arosa e o Compostela (0-0).

A pesar da intensidade do xogo, ningún dos equipos acertou ante a meta contraria e terminaron repartíndose os puntos en xogo.

Un empate que lle vale aos de Vilagarcía para seguir cuartos na táboa.

Consulta aquí o acta do Arosa-Compostela.

Tamén empatou o Villalonga, no seu caso salvando un punto nos últimos minutos tras remontar unha desvantaxe de dous goles ante As Pontes (2-2).

Dous goles nun minuto, o 88, de Javi Pazos e Jesús, igualaron un choque que estaba moi complicado. Tras unha primeira parte de igualdade, As Pontes adiantouse cun gol ao comezo do segundo tempo e outro no 85, de penalti, que parecía sentenciar.

O empate deixa aos celestes na décimo terceira praza con 17 puntos.

Consulta o acta do Villalonga-As Pontes.

Non puido tampouco pasar do empate o Ribadumia na súa visita ao campo do Negreira (0-0).

Os de David Sierra non conseguiron romper a igualada inicial nun choque moi disputado e cáense á undécima posición con 18 puntos.

Consulta o acta do Negreira-Ribadumia.

O peor parado da xornada foi o Céltiga, derrotado no campo do Negreira (2-1).

Os da Illa víronse superados polos locais no inicio do choque, e aos 18 minutos xa perdían por dous tantos de diferenza.

No 72 Diego, de penalti, recortou distancias e deu esperanzas ao Céltiga, pero a remontada non chegou. O Céltiga é agora noveno con 18 puntos.

Consulta o acta do Cerceda-Céltiga.