O boxeo de Marín está de parabén grazas a unha das representantes do Team Thunder, Yohana Jiménez.
A púxil marinense conseguiu todo un fito a fin de semana na localidade cántabra de Santoña, ao proclamarse campioa de España júnior na categoría de -75 quilos.
Jiménez, que nos campionatos de base e adestramentos dera mostras do seu potencial, confirmouno defendendo á Selección Galega no campionato nacional.
Na final da súa categoría superou á canaria Katherina Hernández en base a un gran dominio da distancia e a uns contraataques que deixaron sen resposta á súa rival e obrigaron ao xuíz para parar o combate dando como gañadora a Yohana.
Desde o Team Thunder móstranse satisfeitos polo logro da súa deportista, cun combate que foi seguido por moitos dos seus compañeiros desde a Cafetería Nao de Marín.