A seguridade cidadá centrou a actividade este xoves da candidatura de Cidadáns ás eleccións municipais.
Entre as propostas da formación laranxa, enfocada cara á Policía Local, aparece a dotación do que denominan "Policía de Barrio", unha figura de proximidade que "exercerá unha especial vixilancia nos barrios", explicou Goyo Revegna.
O candidato, xunto á número dous da lista, María Rey, mantiveron unha reunión con representantes do sindicato policial UFP, ao que ratificaron o seu compromiso de seguir demandando unha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) para a capital provincial.
"A esixencia da dotación desta unidade é imprescindible para a Policía Nacional", sinalou Revenga, que tamén pide a posta a disposición dos terreos necesarios para a construción dunha nova comisaría.
Ampliar o persoal da Policía Local e a actualización do Plan de Emerxencias Municipal son outras das reivindicacións da candidatura.