David Cal, a retirada dunha lenda

Pontevedra
02 de xaneiro 2016

O seu obxectivo era chegar a Río e buscar a súa sexta medalla, pero a falta de motivación baixou da canoa en marzo de 2015 e de maneira definitiva a David Cal, o deportista español máis laureado da historia nos Xogos Olímpicos

Despedida de David Cal
Despedida de David Cal / PontevedraViva

Unha medalla olímpica de ouro e tres de prata acumuladas entre os Xogos de Atenas, Beijing e Londres adornan a vitrina de trofeos de David Cal, que en 2015 decidiu retirarse da alta competición convertido nunha lenda por méritos propios.

Anunciouno, de maneira inesperada, no mes de marzo argumentando falta de motivación para chegar a Río 2016 e buscar a súa sexta presea. Preparase en Brasil, xunto ao seu adestrador de toda a vida pero lonxe da súa xente era demasiado duro para un deportista que non tiña obrigación de demostrar nada.

Así despedíase o deportista español máis laureado da historia nos Xogos Olímpicos. 

Tras adiantar a noticia o Comité Olímpico Español, o venres 27 de marzo David Cal confirmaba a súa decisión arroupado polos seus, en Cangas, recibindo desde entón o agradecemento de todo o mundo do deporte con recoñecementos do propio COE e distincións como a Gran Cruz do Mérito Deportivo ou a Medalla de Ouro de Galicia. Ademais, desde este ano a pista de piragüismo de Pontillón do Castro leva o seu nome.