Moreira planea un centro histórico como "continuación de la milla de oro" co Mercado como o seu "gran pulmón"

Pontevedra
20 de maio 2015

O candidato do Partido Popular á Alcaldía, Jacobo Moreira, presentou este mércores o Plan Integral de Recuperación que ten deseñado para o centro histórico de Pontevedra. Asegurou que se accede ao goberno tras o 24 de maio, traballará para que a zona monumental sexa o "gran escaparate" de Pontevedra, poñéndoo en valor de forma que actúe como "continuación de la milla de oro" de Benito Corbal

Jacobo Moreira diante dun edificio en ruínas no centro histórico Mónica Patxot

O candidato do Partido Popular á Alcaldía, Jacobo Moreira, presentou este mércores o Plan Integral de Recuperación que ten deseñado para o centro histórico de Pontevedra. Asegurou que se accede ao goberno tras o 24 de maio, traballará para que a zona monumental sexa o "gran escaparate" de Pontevedra, poñéndoo en valor de forma que actúe como "continuación de la milla de oro" de Benito Corbal.

Jacobo Moreira explicou que con este plan os populares queren conseguir que o centro histórico "tenga actividad también de día, no solo por la noche o los fines de semana".

Todo este esforzo debe pivotar, dixo, en torno á Praza de Abastos, un mercado que debe converterse nun "gran pulmón dinamizador" de todo este ámbito da cidade. Neste sentido, avanzou que crearán a Empresa Municipal de Abastos na que se incluirán todos os mercados existentes. Trataríase dun modelo de negocio mixto que permitiría facer "más ágil y competitivo" o mercado municipal, segundo o candidato do PP.

O equipo de Moreira aposta tamén pola eliminación dos cables aéreos que cruzan as rúas da zona e unha serie de actuacións que permitirán mellorar a estética das fachadas e a unificación da rotulación comercial e dos toldos e marquesiñas. Ademais, eliminarán os colectores de lixo, implantando un sistema de recollida horaria para o que se contará coa opinión dos veciños e dos comerciantes.

O PP quere poñer en marcha, por outra banda, un programa de rehabilitación dos inmobles que se atopan en ruínas, a partir dunha fórmula urbanística que se contempla na nova Lei de Solo que se está tramitando. No caso de que o propietario non realice as actuacións pertinentes, estas obras poderán levarse a cabo dende a Administración Local, e segundo Moreira, "si el propietario no asume el coste  de estas obras, el Concello podrá hacer uso de las vivendas o locales, ofreciendo estas instalaciones a asociaciones o jóvenes de la ciudad".

Mediante este procedemento, os populares agardan poder impulsar, coa colaboración co INCYDE e a Zona Franca de Vigo, un viveiro de empresas no centro histórico, para o cal habería varias posibilidades entre os "numerosos edificios ruinógenos" en todo este ámbito.

Todas estas actuacións combinadas servirán, concluíu Moreira, para que "haya un antes y un después" no centro histórico de Pontevedra.