O PP apostará por impulsar a creación de espazos en materia de cooperación

Pontevedra
21 de abril 2015

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, mantivo un encontro con representantes da Coordinadora Galega de ONG para adiantarlles que incluirá no seu programa electoral dúas propostas en materia de desenvolvemento e cooperación

Encontro de Jacobo Moreira con representantes da Coordinadora Galega de ONG Partido Popular de Pontevedra

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, mantivo un encontro con representantes da Coordinadora Galega de ONG para adiantarlles que incluirá no seu programa electoral dúas propostas en materia de desenvolvemento e cooperación.

Moreira confirmoulles a súa intención de impulsar a creación de espazos de participación social que permitan poñer en marchar políticas de cooperación ao desenvolvemento.  Ademais, Jacobo Moreira propoñerá a creación de mecanismos que posibiliten unha mellor información, transparencia e rendición de contas.

Por outra banda, os populares aseguran que prevén garantir a creación de convocatorias abertas en concorrencia competitiva, que permitan levar a cabo proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento coordinados co tecido asociativo de Pontevedra.