A Peregrina: protagonista en selos, moedas e loterías

Pontevedra
08 de agosto 2025
Actualizado: 11 de agosto

A imaxe da Virxe Peregrina foi reproducida en diversos motivos conmemorativos ata converterse nun símbolo cultural identificativo da cidade de Pontevedra e do Camiño de Santiago

Selo e cuño coa imaxe da Virxe Peregrina (1976)
Selo e cuño coa imaxe da Virxe Peregrina (1976)

A imaxe da Virxe Peregrina, patroa da provincia de Pontevedra e do Camiño Portugués a Santiago, transcendeu o seu carácter relixioso para converterse nunha icona cultural e patrimonial, presente en numerosos soportes.

Desde selos postais ata moedas conmemorativas, pasando por loterías, cuños e cupóns. A continuación, enumeramos algúns destes obxectos conmemorativos onde a Peregrina foi protagonista:

Selo postal (1976):

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) emitiu en 1976 un selo con motivo do Ano Santo Compostelán que representaba á Virxe Peregrina co Neno Xesús, acompañada dos símbolos peregrinos da cuncha de vieira, o báculo e a cabaza.

Este selo de 3 pesetas, de impresión en calcografía, tivo unha tirada de 10 millóns de exemplares. Grazas ao arquivo fotográfico da Confraría da Virxe Peregrina, móstrase que, no mesmo ano de emisión do selo, Correos utilizou un cuño que reproduce a icónica imaxe da Peregrina.

Sello con la imagen de la Virgen Peregrina (1976)
Selo coa imaxe da Virxe Peregrina (1976)Correos

Moeda de prata (2011):

A Real Casa da Moeda lanzaba en 2011 unha emisión de 52 Moedas de Colección, dedicada ás Capitais de Provincia e Cidades Autónomas. Na correspondente a Pontevedra, no anverso reprodúcese o escudo e nome da cidade, e no reverso reflíctese o santuario da Virxe Peregrina.

Fabricada en prata cunha tirada de 15.000 unidades e un valor nominal de 5 euros, na actualidade pode adquirirse na tenda oficinal da Real Casa da Moeda ao prezo de 36,30 euros.

Moneda de la colección Capitales de Provincia dedicada a Pontevedra
Moeda da colección Capitais de Provincia dedicada a PontevedraReal Casa da Moeda

Cuño postal (2014):

O 12 de decembro de 2014, Correos incluíu na súa colección de cuños conmemorativos de capitais de provincia unha emisión dedicada a Pontevedra, que levaba a imaxe da Igrexa da Virxe Peregrina.

Este cuño foi utilizado na oficina postal principal da cidade para estampar coa silueta do santuario todos os envíos que desta oficina saíron a múltiples destinos.

Matasellos postal dedicado a Pontevedra
Cuño postal coa fachada da Igrexa da Peregrina Correos

Lotería Nacional (2019):

O billete do sorteo do 23 de maio de 2019 da Lotería Nacional presentaba no seu deseño a fachada da Igrexa da Peregrina, como un dos monumentos máis representativos de Pontevedra, e a ponte do Burgo tamén destacada.

Esta emisión formou parte dunha serie que homenaxeaba a Ruta Sarmiento, un camiño que percorreu o frade benedictino en 1745 visitando lugares emblemáticos de Galicia, entre eles o santuario da Peregrina.

Billete de la Lotería Nacional con la fachada de la Iglesia de la Peregrina y los puentes sobre el Lérez
Billete da Lotería Nacional coa fachada da Igrexa da Peregrina e as pontes sobre o Lérezloterías e Apostas do Estado

Cupón da ONCE (2020):

O 26 de agosto de 2020, a ONCE emitiu un cupón que difundía a imaxe do reloxo da Igrexa da Peregrina, instalado en 1896 na torre do templo.

Cunha tirada de máis de cinco millóns de cupóns, este billete formaba parte da serie Cidades en Punto e Hora, e permitiu difundir a nivel nacional un elemento emblemático do santuario peregrino.

Composición con el cupón de la ONCE dedicado al reloj de la Iglesia de la Peregrina, sobre una fotografía de este elemento arquitectónico
Composición co cupón do ONCE dedicado ao reloxo da Igrexa da Peregrina, sobre unha fotografía deste elemento arquitectónicoPontevedraViva