Recoñecemento á altura da xesta conseguida para o equipo infantil feminino do CD La Peña.
O Concello de Marín ofreceu este luns unha recepción oficial ao equipo que fixo historia o pasado 15 de xuño proclamándose campión de España Sub-14.
Conseguiuno ao vencer na fase final celebrada na localidade de San Clemente, en Cuenca.
As campioas foron recibidas pola alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba.
Ramallo quixo animar e dar o parabén a "todas estas rapazas, que xa desde moi novas saben o que é deixarse a pel e poden paladear o éxito", animándoas a que sigan adestrando.
O acto tivo lugar no Salón de Plenos Concello.

Compoñen o plantel infantil feminino de La Peña: Iria Argibay, Aylen Belliard, Sara Carballal, Alba Crespo, Antía Dasilva, Lía Garrido, Elena González, Noa González, Estrella Jiménez, Valeria Pazos, Noa Pazos, Aitana Reboredo e Alba Salgado.
Todo baixo a dirección técnica de Javi Pumar e Lorena Núñez.