Mentres isto dure #34: Preguntamos: o peor pasou?

Radio
22 de marzo 2021
Actualizado: 27 de novembro 2024

Preguntamos aos pontevedreses pola súa percepción actual da pandemia.

Mentres isto dure #34: Preguntamos: o peor pasou?

O último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas chequea varias cuestións relacionadas coa pandemia xerada polo coronavirus SARS- CoV-2. Ante a situación xerada por este coronavirus en España, o 47% da poboación enquisada respondía que seguimos no peor momento; un 24% que o peor está por chegar e un 16% que o peor pasou. Para este podcast de 'Mentres isto dure' saímos á rúa e preguntamos aos pontevedreses: cre que o peor desta pandemia xa pasou?.