Deica logo, companheiro Enrique

19 de xuño 2025

Pedro J. Peón Estévez lembra a Enrique García Blein, un dos socios que participou na asemblea constitutiva da Asociación pola Defensa da Ría (APDR)

Foise indo de vagar o amigo Enrique García Blein ( Quique para nós )

Perdeu a ecoloxía universal ó seu máis ilustrado e valente valedor.

Só unha cousa temía o bo de Quique: non chegar a erradicar a besta que regurxita pezonha na ría de Pontevedra desde hai 64 anos; a moi teimuda BIOFÓBICA.

Enrique e eu eramos vecinhos e volveremos a selo, a non tardar. Moitas veces nos temos atopado no portal ou na rúa. Mentres o seu corpo ía mermando, víctima dun mal ruín, as súas neuronas bulían de vitalidade e inxenio. Así era Quique: amor e inxenio. Era o patriarca da súa enorme familia, a quen acompanhamos nesta triste hora e a quen parabenizamos por descenderen de persoa tan boa e xenerosa. Acompanhamos tamén á súa eterna companheira nesta terrible hora.

Grazas Quique pola túa sabenza, pola túa querida presenza, por seres ti.

Grazas por quitarnos o medo; porque se ti vas diante, xa non hai nada que temer.

Vai con ben, companheiro.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora