Cara a cara #705. Alice Kellen con 'El Club del Olvido'

Cara a cara
06 de maio 2026
A exitosa escritora valenciana Alice Kellen Javier Ocaña

A autora valenciana acaba de publicar o pasado mes de abril a novela, 'El Club del Olvido'.

En case cincocentas páxinas cinco novos e un local de copas, o Club do Esquecemento, conforman viaxes vitais polos seus pasados, presentes e futuros.

Samuel, Abel, Max e Tristán son amigos e veñen dun mesmo barrio de cidade. Outra nova, Dalia, irrompe no momento en que os mozos abren o seu local de copas.

A exitosa escritora Alice Kellen fala no podcast 'Cara a cara' desta nova publicación.

E non só do novo título, tamén doutras dúas novelas que en breve pasarán á pantalla. A máis inmediata, 'Todo lo que nunca fuimos', preséntase en cines; e doutra banda en plataforma de televisión 'El mapa de los anhelos', en formato miniserie.