'Pretérito imperfecto' é a cuarta novela que autoedita Ana Carbajales, unha autora amateur afincada en Pontevedra.
Charlamos con ela no podcast 'Cara a cara'. Declara que se trata da súa novela máis íntima, aínda que non por iso autobiográfica.
"É unha historia sobre quedar atrapado e logo atopar unha rendija por onde saír" di a propia protagonista deste libro.
A sinopsis refire a Irene, a protagonista, unha escritora en crise creativa e emocional que decide refuxiarse nunha leira perdida nos bosques galegos cunha intención clara.
Cal?, escribir, recuperarse e empezar de novo. Pero os plans, non sempre resultan como se previron nun principio.