O vindeiro sábado 20 de xuño comeza en Vilagarcía de Arousa o Festival Internacional de Música Clásica Clasclás, na súa novena edición.
A convocatoria cultural desenvolverase durante sete días e para coñecer o seu contido e transcendencia fala no podcast 'Cara a cara' unha das súas directoras, Rosina Sobrido Fernández.
Diversos escenarios para propostas que se articulan en cinco programas: a pé de rúa, pedagóxico e masterclass, social e comunitario, matineé e o programa sinfónico artístico.
Unha das novidades deste 2026 é a participación como residente da Orquestra Sinfónica de Galicia, que abrirá e pechará edición.
Sobrido reseña a repercusión que este Festival ten non só para o municipio arousán, senón tamén como reclamo para público de toda Galicia e de fóra da Comunidade.