Cara a cara #714. Inma Rubiales con 'Un amigo gratis'

Cara a cara
04 de xuño 2026
Inma Rubiales, exitosa escritora de romance xuvenil Javier Ocaña

Inma Rubiales tiña catorce anos cando comezou a escribir 'Un amigo gratis', que se publicou inicialmente a través de internet.

Cando se editou en papel, a moza estremeña tiña dezanove anos. Agora con vinte e catro anos volve publicala nunha edición reescrita e actualizada.

Eleonor e Nash teñen así unha terceira oportunidade de chegar a novas, e novos, lectores, adolescentes como os seus protagonistas.

Sobre el: "Hai moitas cousas que Nash odia de si mesmo. A primeira é a súa timidez. A segunda que, debido á súa altura, cústalle especialmente pasar desapercibido. Se fose invisible, a súa vida no instituto non lle parecería un inferno".

Sobre ela: "Todo cambia cando coñece a Eleonor, presidenta de Un Amigo Gratis, a asociación á que acoden todos os alumnos que, como el, senten que non encaixan. Eleonor sorrí todo o intre e propúxose ensinar a Nash a gozar da vida".

Charlamos neste podcast coa exitosa autora de romance xuvenil.