'Paisajes progresivos' leva 77 episodios difundindo o rock progresivo e as súas bandas senlleiras. Chega o momento, de mirar o progrock patrio nunha primeira entrega.
"Houbo unha época e un contexto en que en España se facía moi boa música, cun nivel equiparable ao de grupos e bandas internacionais por parte dun puñado de xente valente e arriscada que puñan o valor artístico por encima de calquera outra consideración", argumenta Alberto Pazo, produtor e condutor deste podcast.
"O seu éxito non transcendeu da forma que merecerían e aquela época de finais do setenta e principios do oitenta quedou nun preocupante esquecemento".
"Si non ouvirades falar de bandas como Bloque, Crack, Asturcón, Selecta, Iceberg, Cotó en Pel, Gotic, Tarántula ou Imán, con estilos e propostas moi ricas, variadas e de gran calidade, agora é o momento de gozalas".
Continuará...