Alberto Pazo volve ampliar o foco musical e nesta edición do podcast ofrece "un novo menú para todos os gustos e padais" do rock progresivo.
"Comezamos co recordo dos deliciosos Rousseau e os seus sons pastorais e amables. Pómonos algo máis contundentes co eclecticismo de IZZ e coa rotundidade e solemnidade dos suecos Salva".
"Seguimos coa magnífica grandilocuencia de Pallas e a exquisita instrumentación de Oblivion Sun. Escoitamos o último do incansable e gran batería Steve Hughes".
"Lembramos un gran traballo de Guy Manning e tamén o seu posterior proxecto multinacional Damanek. Outro exercicio de memoria cun dos mellores traballos do gran teclista Nick Magnus e despedímonos cun dos seus colaboradores, Tony Patterson".
Como sempre, Alberto Pazo produce e presenta estes podcast para "que o gocedes".