'Paisajes progresivos' #80. Históricos do rock progresivo español (3)

Paisajes progresivos
12 de xullo 2026
Terceira entrega de 'Paisajes progresivos' da música española

Adoita dicirse que non hai dous sen tres, así que neste episodio terceira entrega de "un exercicio de nostalxia que nos leva a recuperar unha época moi fecunda da música española".

Alberto Pazo, produtor e condutor do podcast explica: "o rock progresivo viviu o seu efémero momento de gloria a finais da década dos setenta en España, pero vaia xoias que nos legaron aqueles magníficos artistas".

"Lembramos de novo aos marabillosos Módulos e escoitamos unha parte da descomunal obra 'Ciclos' de Los Canarios. O case esquecido Eduardo Bort déixanos marabillados coa súa proposta, como tamén Azahar e Mezquita, cos seus toques de rock con raíces".

"Desde Cataluña alucinamos con Borne, Música Urbana e o supergrupo Pegasus, en onda jazz fusión. Desde o País Vasco soan os incribles Errobi, e desde Cantabria lembramos a Ibío, para pechar o círculo desta serie co enormes Bloque".

Si séguevos emocionando, un pequeno spoiler: "de momento é todo, pero probablemente no futuro haberá máis. Que o gocedes."