10 anos da Fundación Meniños en Pontevedra ben merecen un 'flash-mob'

Pontevedra
21 de novembro 2014

Con el, a Fundación Meniños buscaba facer "moito ruído e algo de festa" para dar visibilidade á infancia como parte esencial do noso presente, e do noso futuro. Esta coreografía, na que participaron adultos e nenos, púxose en práctica na céntrica praza da Peregrina, convertida nunha improvisada pista de baile

Flashmob da Fundación Meniños polos seus dez anos de traballo en Pontevedra Mónica Patxot

O día no que a Convención dos Dereitos do Neno cumpría un cuarto de século, o equipo da Fundación Meniños tamén estaba de celebración. Son xa dez anos de traballo na cidade de Pontevedra. E para festexar esta dobre efeméride, decidiron organizar un flashmob co que trataban de reivindicar precisamente os dereitos dos máis novos.

Con el, a Fundación Meniños buscaba facer "moito ruído e algo de festa" para dar visibilidade á infancia como parte esencial do noso presente, e do noso futuro

Esta coreografía, na que participaron adultos e nenos, púxose en práctica na céntrica praza da Peregrina, convertida nunha improvisada pista de baile.

A Fundación Meniños é unha ONG fundada en 1996 que está dedicada a promover os dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social, propiciando cambios no seu ámbito que lles aseguren un ambiente familiar de seguridade e afecto. 

Traballan con programas especializados de intervención familiar con nenos, nenas e adolescentes en situación de risco ou desprotección, e coas súas familias en Galicia, Asturias e Madrid, en colaboración coas administracións públicas, outras entidades e organizacións. 

En Galicia, ademais da delegación de Pontevedra, Meniños dispón de equipos en Vigo, Ourense, Lugo e A Coruña, onde tamén está a sede central da Fundación.