123.346 euros para mellorar a sinalización do parque empresarial de Nantes

Sanxenxo
14 de xullo 2021

O prazo de execución das obras fíxase en dous meses e a actuación contempla un fresado e pavimentación de zonas onde os firmes atópanse máis deteriorados; a reposición de bordos de formigón que forman parte da drenaxe dos propios viais; e a restauración dalgunhas beirarrúas

Vial do parque empresarial de Nantes
Vial do parque empresarial de Nantes / Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo investirá 123.346 euros en mellorar os viais, a sinalización e as canalizacións do parque empresarial de Nantes. 

O prazo de execución das obras fíxase en dous meses e a actuación contempla un fresado e pavimentación de zonas onde os firmes atópanse máis deteriorados; a reposición de bordos de formigón que forman parte da drenaxe dos propios viais; a restauración dalgunhas beirarrúas, así como a instalación de nova sinalización vertical e horizontal. Os traballos supoñerán unha importante mellora tanto na imaxe como na seguridade viaria do espazo empresarial.

O parque empresarial de Nantes ten 243 parcelas, das que 20 son municipais e 223 para actividades de tipo comercial e industrial. Na actualidade, as parcelas con actividade, licenza concedida e en construción ou tramitación suman 63.000 metros cadrados do total dos 355.000 dispoñibles para a actividade económica.

Segundo a información facilitada polo Concello, o 80% do investimento será financiada cunha axuda da Consellería de Economía e o outro 20% con fondos municipais.