180 cans buscan familia adoptiva desde o CAAN de Armenteira

O Salnés
07 de abril 2026

Desde hai dous anos o centro, que estivera especializado en cans, avanzou no coidado de gatos. Así, desde entón, atenderon preto de 1.800 felinos

Visita de Luis López ao CAAN de Armenteira
Visita de Luis López ao CAAN de Armenteira / Deputación de Pontevedra

Sete de cada dez animais que entran no refuxio do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) de Armenteira, en Meis, acaban atopado unha nova familia. Fano, como media, en apenas oitenta días.

Pero a pesar destes bos datos, nas súas instalacións aínda hai 180 cans, dos cales 54 son cachorros, esperando que unha familia os adopte.

Así o destacou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, que visitou o centro este martes para anunciar un investimento de 20.000 euros para mellorar os seus quirófanos e reforzar o servizo de control de colonias felinas.

López destacou que o CAAN é unha "referencia en España" no coidado de animais abandonados, xa que sostivo que "non só os rescatamos senon que lles damos unha segunda oportunidade cunha familia".

Desde hai dous anos o centro, que estivera especializado en cans, avanzou no coidado de gatos. Así, desde entón, atenderon preto de 1.800 felinos.

Visita de Luis López al CAAN de Armenteira
Visita de Luís López ao CAAN de ArmenteiraDeputación de Pontevedra

A través desta liña de traballo, os responsables do CAAN encárganse de identificar, esterilizar, vacinar e desparasitar aos gatos que viven en colonias dos máis de corenta municipios adheridos a este servizo.

Co novo investimento aprobado polo executivo provincial, o centro poderá comprar material de quirófano, un equipo de análise de sangue ou unha nova mesa para cirurxías.

Entre 2025 e o tres primeiros meses de 2026, o CAAN xestionou a adopción de 620 cans. Durante ese mesmo período, recuperáronse máis de 1.300 animais e foron devoltos aos seus donos, ben no lugar onde foron atopados ou no refuxio, 650 cans.

Para fomentar aínda máis estas acollidas, a Deputación activará unha campaña cun enfoque novo, ao pór o foco nos beneficios que ofrece para as persoas convivir cun can, xa que favorece a actividade física, fomenta o contacto social e axuda nas doenzas de saúde mental.

Visita de Luis López al CAAN de Armenteira
Visita de Luís López ao CAAN de ArmenteiraDeputación de Pontevedra