2.500 mozos inscríbense no plan práctica laboral da Deputación

Pontevedra
01 de agosto 2014

Segundo explicou Louzán, os 2.500 inscritos serán algún menos pois hai casos nos que unha mesma persona conta con dúas titulacións. "Dos presentados, nós daremos cobertura a perto de 500 nas 903 empresas da provincia que se acolleron ao Plan", dixo

Mozos facendo cola para inscribirse no Plan de Prácticas Laborais da Deputación

Un total de 2.500 licenciados, graduados ou diplomados universitarios e de F.P. presentaron as súas solicitudes para optar a contratos en empresas da provincia de Pontevedra dentro do Plan Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra para o ano 2014, según anunciou este venres en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán.

O prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado martes, día 29 de xullo, polo que á citada cantidade pódese engadir ainda algunha que chegue por correo.

O traballo na empresa comenzará o 1 de outubro e durará un ano

Según explicou Louzán, os 2.500 inscritos serán algún menos pois hai casos nos que unha mesma persona conta con dúas titulacións. "Dos presentados, nós daremos cobertura a perto de 500 nas 903 empresas da provincia que se acolleron ao Plan", dixo.

Unha vez rematado o prazo de inscripción dos xoves, os técnicos do Servizo de Recursos Humanos da Deputación proceden á comprobación dos seus datos e bases para a súa selección. Nela, o currículo ou expedente académico será valorado de 0 a 7 puntos; e a entrevista sobre o currículo e coñecementos relacionados coa titulación, de 0 a 3 puntos. O BOPP publicará as puntuacións obtidas e cada bolseiro elexirá a empresa na que desexe realizar prácticas.

O traballo na empresa comenzará o 1 de outubro e durará un ano.

Percibirán 800 euros ao mes para licenciados, graduados e diplomados, e de 700 euros ao mes para ciclos superiores.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora