20 mozos de diversos países participarán nun campo de traballo en Cotobade

Cerdedo Cotobade
09 de maio 2014

Trátase dun campo de traballo que se desenvolverá na última quincena do mes de xuño e vai centrarse en San Xurxo de Sacos e no roteiro do Lérez

Secretaria técnica da Xunta, Ana Ortiz, o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro e Jorge Cubela, alcalde de Cotobade PontevedraViva

O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro e Jorge Cubela, alcalde de Cotobade, presentaron o campo de traballo que se vai desenvolver no municipio de Cotobade na última quincena do mes de xuño.

Ofértanse vinte prazas para mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos tanto de Galicia coma de 27 países que participan neste programa da Xunta de Galicia.

Neste caso, segundo explicou o alcalde de Cotobade, os campos de traballo desenvolveranse na carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacose no Roteiro de Lérez, a única de titularidade municipal, unha senda que se recuperou nos últimos anos. Os mozos realizarán tarefas de catalogación, limpeza e sinalización do ámbito co obxectivo de poñer en valor os recursos ambientais desas zonas.

O custo para cada participante é de 90 euros e o presuposto do campo de traballo sitúase sobre os 9.000 euros, indicou Ovidio Rodeiro. E Jorge Cubela apuntou que se desenvolverán actividades paralelas durante esa quincena como tiro con arco, sendeirismo e outros obradoiros para o desfrute dos mozos que participen nesta iniciativa.