23X | Ana Pastor subliña que Pontevedra "percibió que es momento de cambio"

Pontevedra
24 de xullo 2023

"Pontevedra percibió que es momento de cambio", subliñou Pastor, que celebrou que a cidadanía confiase nun galego como Alberto Núñez Feijóo "que demostró su buena gestión"  á fronte do goberno da Xunta de Galicia

Ana Pastor valorando o resultado das eleccións do 23X Partido Popular de Pontevedra

Para o Partido Popular, a súa vitoria electoral este 23X en España, en Galicia e en Pontevedra foi "con contundencia". Así o destacou a súa candidata ao Congreso pola provincia, Ana Pastor.

"Pontevedra percibió que es momento de cambio", subliñou Pastor, que celebrou que a cidadanía confiase nun galego como Alberto Núñez Feijóo "que demostró su buena gestión"  á fronte do goberno da Xunta de Galicia.

Os pontevedreses, segundo a candidata popular, "han confiado en el rigor, la gestión y la eficacia" do PP e de Núñez Feijóo.

Tras realizar esta lectura, Ana Pastor lembrou que o PP obtivo na provincia máis de 221.000 votos, case o 40% de total, o que lle reportou tres deputados e tres senadores.

Ademas, destacou que "aumentamos votos en todos os concellos" e gañaron as eleccións en 56 dos 61 municipios da provincia.