25N | Carteis contra a violencia de xénero nos sinais de tráfico de Meis

O Salnés
25 de novembro 2025

O Concello reforza a campaña polo 25N con accións educativas e información para sensibilizar a cidadanía neste 25 de novembro

Sinal de tráfico en Meis coa mensaxe contra a violencia de xénero
Sinal de tráfico en Meis coa mensaxe contra a violencia de xénero / Concello de Meis

O Concello de Meis intensifica a súa loita contra a violencia de xénero este martes 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Durante estes días desenvólvese unha campaña coa instalación de carteis co posicionamento contra a violencia de xénero en sinais de tráfico por todo o municipio, visibilizando o compromiso en espazos públicos.

A través da concellería de Igualdade, as accións do 25N inclúen tamén a lectura dun manifesto en colaboración co alumnado dos centros educativos:

  • Ás 11:30 na Aula de Santo Tomé do CRA de Meis.

  • Ás 12:00 no CPI Mosteiro.

  •  Ás 12:45 no CEIP Armenteira.

Ademais, durante este mes permanece activo no Centro Multiusos do Mosteiro un Punto morado informativo con folletos e material divulgativo para toda a cidadanía.

Sinal de Stop á violencia de xénero en Meis
Sinal de Stop á violencia de xénero en MeisConcello de Meis

Estas iniciativas súmanse ao traballo do Concello para sensibilizar á poboación máis nova e ao conxunto da poboación sobre a necesidade de erradicar todas as formas de violencia de xénero, cunha mensaxe clara: "en Meis, a voz das mulleres non se apaga".