25N | Homenaxe aos gardiáns de uniforme para que as vítimas de violencia machista "poidan vivir con menos medo"

Pontevedra
25 de novembro 2025

Os equipos VioGén da Garda Civil e as Unidades de Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional na provincia foron os protagonistas na Subdelegación do Goberno en Pontevedra

Conmemoración do 25N 2025 na Subdelegación do Goberno en Pontevedra
Conmemoración do 25N 2025 na Subdelegación do Goberno en Pontevedra / PontevedraViva

O cinco equipos VioGén da Garda Civil e as catro Unidades de Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional na provincia de Pontevedra foron este ano os protagonistas do 25 de novembro na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, insistiu en que o 25N, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, "non é un día de festa, é un día de memoria para lembrar ás vítimas, ás que xa non están e ás que están, pero teñen medo de non estar".

E nunha provincia na que máis de 1.900 mulleres precisan algún tipo de protección policial dentro do sistema integral VioGén, lembralas é tamén pór en foco en quenes as protexen.

Considera Losada que aínda queda moito traballo por facer para erradicar a violencia machista, pero "sería un erro" que iso impedise reivindicar "con orgullo o inmenso traballo" que realizan eses equipos da Garda Civil e a Policia Nacional, co apoio das policías locais, que permiten que esas 1.900 mulleres poidan saír á rúa e "mesmo poidan sentir libres".

O acto quixo, por tanto, homenaxear, recoñecer e pór en valor a todos estes profesionais que, coa súa profesionalidade e "compromiso diario que vai máis aló do profesional", axudan a protexelas "até onde é humanamente posible".

"A seguridade total non existe nin neste ámbito nin en ningún outro", recoñeceu Losada, pero insistiu en que as mulleres que están na base de datos de VioGén "poden vivir sen medo ou, polo menos, con pouco medo" grazas a estas mulleres e homes que visten de uniforme azul e verde.

O acto, presidido polo subdelegado, contou coa presenza de represenantes de todos estes equipos, que recibiron unha placa de homenaxe e un recoñecemento público por ese "dobre compromiso" que todos asumen para protexer ás vítimas.

Conmemoración del 25N en la Subdelegación del Gobierno en Pontevedra
Conmemoración do 25N na Subdelegación do Goberno en PontevedraPontevedraViva

"Como sociedade temos unha débeda con vós. Este acto institucional debe servir, aínda que sexa minimamente, para pagar un anaco desa débeda", valorou o subdelegado.

A xefa da Unidade de Prevención da Violencia de Xénero da Subdelegación, María José Rodríguez, encargada de presentar o acto, tamén insistiu en que se está "satisfeita" por poder "poñer o acento" nestes profesionais.

O coronel da Garda Civil, Manuel Touceda, e o comisario provincial, Juan José Díaz, tamén presenciaron a homenaxe, que contou coa presenza do fiscal xefe de Pontevedra, Pablo Varela, e a fiscala delegada de Violencia, Paula Cajaraville.

O coro a Universidade de Vigo puxo a banda sonora ao acto, no que María José Rodríguez leu a declaración institucional do Goberno de España para este díai e Abel Losada quixo "reafirmar o compromiso co moito que queda por facer".

Losada lembrou ás 38 vítimas da violencia machista de España este ano, un dato "escalofriante".

Conmemoración del 25N de 2025 en la Subdelegación del Gobierno en Pontevedra
Conmemoración do 25N de 2025 na Subdelegación do Goberno en Pontevedra