26 construtoras compiten por realizar as obras de reurbanización da Avenida de Lugo

Pontevedra
04 de xullo 2013

Antón Louro afirmou estar satisfeito da forte competencia para esta contrata, "o que garantirá que o Concello dispoña dun amplo elenco de ofertas para elixir", entre as que figuran empresas locais, galegas e nacionais. Ao final, considera Louro, iso traducirase nunha maior calidade da obra. A intención é que a mesa de contratación se reúna o antes posible para que as obras podan estar adxudicadas no prazo máximo dun mes

As obras da avenida de Lugo son inminentes. O prazo de presentación de ofertas concluíu coa concorrencia de 26 construtoras. Culmina así a primeira fase do proceso de adxudicación duns traballos valorados en 1,24 millóns de euros e que  constitúen o proxecto máis cuantioso dos nove incluídos no Plan de Obras Urbanas para este ano, presentado hai uns días polo concelleiro de Urbanismo, Antón Louro.

Antón Louro afirmou estar satisfeito da forte competencia para esta contrata, "o que garantirá que o Concello dispoña dun amplo elenco de ofertas para elixir", entre as que figuran empresas locais, galegas e nacionais. Ao final, considera Louro, iso traducirase nunha maior calidade da obra. A intención é que a mesa de contratación se reúna o antes posible para que as obras podan estar adxudicadas no prazo máximo dun mes.

As empresas licitadoras son: Oresa S.L., Construcciones Abelleira S.L., Dragados S.A., Eiriña S.L., FCC Construcción S.A., Hidromiño S.L., Civis Global S.L., Construcciones Ramírez S.L., Construcciones Crespo S.A., Acciona Infraestructuras S.A., Aquagest Promoción Técnica y Financiera de Abastecimientos, Espina y Delfín S.L., UTE Naturgalia S.L-SYR AMG S.L.U., Elsamex S.A., Xestión Ambiental de Contratas S.L., Construcións Obras e Viais S.A., Ogmios Proyecto S.L., Construcciones Orega S.L., CRC Obras y Servicios S.L., Construcciones Hermanos Carrajo S.A., Copcisa S.A., Construcciones Ángel Jove S.A., Vías y Construcciones S.A., Antalsis S.L., Proyecta Actividades Profesionales de la Construcción e Arias Hermanos S.A.

O espírito do proxecto está no intento de "embelecer unha entrada importante ao centro urbano e que agora presenta un aspecto totalmente inapropiado", recordou Louro. Unha das principais intencións da actuación é a de incrementar a rotación dos aparcamentos, establecendo senllos cordóns de estacionamento en liña, e tamén en dotar á rúa de zonas de carga e descarga das que agora carece. A rúa, cun ancho superior a 24 metros, manterá o dobre sentido de circulación.

O prazo de execución será dun ano, dado que se trata dunha obra de gran volume. A pesar de que o tramo a reformar (entre a rotonda da serraría e a do cruce da rúa San Mauro) ten unha lonxitude de só 258 metros, o gran ancho da vía fai que a superficie total a traballar alcance os 8.197 metros cadrados.

Por outra banda, están moi avanzados os trámites de adxudicación da rúa de Santa Clara, ata o punto de que a próxima semana podería haber proposta definitiva de adxudicación entre as 17 ofertas recibidas no Concello. A actuación foi licitada cun orzamento base de casi 703.000 euros.