32 xornadas de traballo en beneficio da comunidade por embestir ebria o seu coche contra un farol

Pontevedra
29 de marzo 2025

Esa é a condena imposta polo Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra a unha condutora como autora dun delito contra a seguridade viaria

Control de alcoholemia da Policía Local de Pontevedra (arquivo) Mónica Patxot

Un total de 32 xornadas de traballo en beneficio da comunidade, dez meses sen carné de conducir e o pago de 5.407 euros como responsabilidade civil polos danos ocasionados ao mobiliario do Concello.

Esa é a condena imposta polo Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra a unha condutora como autora dun delito contra a seguridade viaria.

Do contido desta sentenza deu conta a concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, que considera o fallo exemplarizante.

Segundo informou a edil, os feitos que supuxeron tal condena tiveron lugar ás 5.20 horas da madrugada do pasado 20 de decembro do 2024.

A condutora saíuse da calzada e encaixou o seu coche nun farol e unha marquesiña de autobús na avenida de Buenos Aires.

Esta muller deu positivo na proba de alcoholemia que lle practicou a Policía Local.