Un total de 33 empresas formalizaron a súa oferta no Concello de Pontevedra para acometer o proxecto de rehabilitación integral da rúa José Millán.
Todas as firmas son galegas e delas dezanove teñen a sede na provincia de Pontevedra.
O proxecto de rehabilitación integral da rúa José Millán ten un orzamento base de licitación de 285.234,3 euros e un prazo de execución de catro meses.
Saíu a concurso por procedemento aberto e tramitación ordinaria.
A actuación nesta zona de cidade complementarase coa rehabilitación da rúa Javier Puig, cuxo proxecto está en fase de presentación de ofertas.