370.000 euros para impermeabilizar a Escola de Cantería

Poio
22 de decembro 2021

Acometeranse as obras de reparación da cuberta e da fachada na zonas das aulas para corrixir as humidades

Escola de Canteiría
Escola de Canteiría / Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar o proxecto de execución das obras da reparación da cuberta e fachada na zona de aulas da Escola de Cantería para dar solución aos problemas de filtracións de auga que se viñan padecendo debido a defectos na execución do inmoble que se arrastraban desde a súa orixe, fai 20 anos.

A actuación, que xa inicia o expediente de contratación, terá un orzamento de 370.000 euros.

A administración provincial xa investiu case medio millón o pasado ano, para solucionar os problemas de incumprimento da normativa sobre seguridade, accesibilidade e contaminación acústica que impedían que a Escola tivese incluso licenza municipal de actividade.

A actuación que se fará agora na Escola consistirá en colocar unha nova sobrecuberta no tellado por enriba do panelado actual.