A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou a mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-0506 Curro-Portela, no Concello de Barro.
A actuación está financiada con 400.000 e supoñerá que o vial se adapte ao modelo de mobilidade amable, segura e sostible que promove a Deputación na rede provincial de estradas.
Coas obras renovarán o firme e mellorarán a intersección cunha estrada municipal. Tamén se cambiará a sinalización para mellorar a seguridade, limparán as marxes, sanearán 420 metros cadrados, 35.000 metros cadrados de fresado e reposicion do firme, sinalización horizontal e vertical, e firme de formigón para facer unha semiglorieta e illote no inicio da estrada.
O inicio será forma "inminente" nos 3,7 quilómetros de lonxitude da estrada e o prazo de execución será de tres meses.