5.488 estudantes volveron a clase en Pontevedra

Pontevedra
15 de setembro 2017

A xornada de inicio do curso en secundaria (ESO), Bacharelato, FP e Ensinos de Réxime Especial desenvolveuse con total "normalidade" e a Xunta destacou a ausencia de incidencias

Inicio do curso en educación secundaria Mónica Patxot

A xornada de inicio do curso en secundaria (ESO), Bacharelato, FP e Ensinos de Réxime Especial desenvolveuse con total "normalidade" e a Xunta destacou a ausencia de incidencias.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez confirmou que "non houbo ningunha incidencia reseñable" durante o inicio do curso e destacou como "un paso moi positivo para Galicia" a cobertura total das prazas do primeiro ciclo de Promoción da Igualdade de Xénero, que se ofrecerá no CIFP da Xunqueira en Pontevedra.

"É o primeiro ciclo que se fai en Galicia e que haxa moita demanda é un bo sinal", defendeu o conselleiro de Educación.

5.488 ALUMNOS EN PONTEVEDRA

Só o municipio de Pontevedra reúne a 5.488 alumnos, dos cales 3.813 estudarán ESO nalgún dos institutos da cidade. A cidade do Lérez conta con 202 alumnos de Secundaria en centros privados non concertados.