8M | Marín destaca o "exemplo" das mulleres profesionais do sector do transporte

Marín
08 de marzo 2022

A taxista Amparo Omil González, a condutora da Brilat María Esther Chazo Angueira ou a comandante da Escola Naval Militar, Yolanda Paredes Conesa, estiveron entre as homenaxeadas, que foron compartindo as súas experiencias laborais. Todas coincidiron en que os inicios son complexos porque "parece que tes que demostrar máis que os teus compañeiros".

Homenaxe en Marín ás mulleres do sector do transporte polo 8M
Homenaxe en Marín ás mulleres do sector do transporte polo 8M /

Marín elixiu este 8 de marzo ás mulleres profesionais do transporte como protagonistas da súa conmemoración deste Día Internacional da Muller, cun acto que se celebrou este mediodía no salón de plenos do Concello.

A taxista Amparo Omil González, a condutora da Brilat María Esther Chazo Angueira ou a comandante da Escola Naval Militar, Yolanda Paredes Conesa, estiveron entre as homenaxeadas, que foron compartindo as súas experiencias laborais.

Todas coincidiron en que os inicios son complexos e, tal e como explicaba Yolanda, "parece que tes que demostrar máis que os teus compañeiros". Con todo e pesar das dificultades quixeron recomendar o seu traballo a outras mulleres.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, destacou que mulleres como elas "están cambiando o mundo, creando oportunidades de emprego para as mulleres en traballos aínda moi masculinizados" como o do transporte.

Tras pedir que neste 8M "sigamos mirando cara adiante", Ramallo reivindicou estar "alerta" para as novas maneiras de vivir que trouxo consigo a pandemia non supoña un retroceso "nos pasos que levamos dado e que tanto custaron, porque sabemos que os coidados e os labores domésticos sempre recaen en nós, máis aínda estando na casa".