8M | Os colexios pontevedreses tamén reivindican a igualdade no Día da Muller

Pontevedra
08 de marzo 2022

Co gallo do 8M, Día Internacional da Muller, os colexios pontevedreses están a organizar numerosas actividades para reivindicar a igualdade real e efectiva entre os homes e as mulleres, sinalando ao mesmo tempo condutas que a sociedade debe cambiar

Vídeo elaborado polo CEIP Chancelas no 8M
Vídeo elaborado polo CEIP Chancelas no 8M / PontevedraViva

Co gallo do 8M, Día Internacional da Muller, os colexios pontevedreses están a organizar numerosas actividades para reivindicar a igualdade real e efectiva entre os homes e as mulleres, sinalando ao mesmo tempo condutas que a sociedade debe cambiar.

 

CEIP CHANCELAS (POIO)

"E por que non?" é o vídeo elaborado polo alumnado deste colexio polo 8M. Nel, denuncian o sexismo que existe nos xoguetes infantís e reclaman que desaparezan os prexuízos. 

Conseguir facer estas representacións foi todo un reto para o alumnado, destacan desde o centro. As charlas sobre as preferencias e as opinións sobre os xogos que intercambiaron, fixéronlles ver que en gustos non está nada escrito.