A ANPA de Barcelos pide que se convoque ao Consello Escolar tras a eliminación dunha clase de Infantil

Pontevedra
24 de setembro 2015
Actualizado: 16:24

Os pais de alumnos do céntrico colexio piden que se revise a zonificación escolar da cidade para evitar o desmantelamento das clases de Infantil no centro. Presentan un escrito no Concello, ao que piden respaldo, e solicitarán á Xunta de Galicia un profesor de apoio  

Nais e pais do CEIP Barcelos antes de presentar o escrito de protesta no rexistro municipal PontevedraViva

A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Barcelos seguen a pelexar para intentar que a Consellería de Educación dea marcha atrás á supresión dunha clase de Infantil no céntrico colexio.

Para os pais, que presentaron este xoves un escrito no rexistro do Concello, "la zonificación de la ciudad entera está mal hecha, hace que colegios tengan zonas muy amplias con muchos niños y otro colegios tengan zonas que parecen igualmente amplias pero que tienen muchos menos niños", explica Sonia Canay.

Para a vocal da ANPA o reparto podería ser máis equitativo, pero "hay un censo municipal que la consellería no usa", o que se traduce en problemas como o de Barcelos cos nenos de Infantil, de tres anos de idade.

"Hemos hecho la cuenta que todos los de tres años de Pontevedra podrían estar en aulas de 18 alumnos", sinala Canay, que xunto aos seus compañeiros de asociación presentou o escrito instando ao Concello a "que se manifieste expresamente".

Entre as peticións atópase a convocatoria do Consello Escolar, buscando o seu apoio, e tamén "le pedimos al Concello que lo que la consellería no nos da que nos lo supla de alguna manera, nos da igual que llame al voluntariado o que contrate personal, pero que resuelva el problema de los niños para este año", explicou.

Tamén se solicita que o asunto sexa tratado no pleno da corporación municipal para debater "qué tipo de modelo de ciudad queremos y qué tipo de educación queremos".

A próxima semana a asociación de pais dirixirase á Xunta "para reivindicar que nos den un profesor de apoyo", concluíu Canay.

APOIO DO CONCELLO

Tras recibir o escrito, a concejala de Educación, Carmen Fouces, mostrouse de acordo coas reivindicacións dos pais ao entender que "o centro precisa de profesorado de apoio e non está xustificado o peche da aula", polo que trasladará á consellería a petición da asociación.

Fouces explicou que "contan con todo o noso apoio e solidariedade", pero que a administración con competencias nesta caso é exclusivamente a Xunta. Ademais confirmou que convocarán ao Consello Escolar en canto se actualice a súa composición, o que situará a reunión na contorna de finais do mes de outubro.