A área sanitaria baixa ata os 385 casos activos por covid-19, dos que 33 están hospitalizados

Pontevedra
11 de marzo 2021

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés baixou dos catrocentos casos activos por covid-19. O balance diario do Servizo Galego de Saúde revela que ao 11 de marzo hai un total de 385 contaxiados. Son 34 menos que onte. Rexistráronse 11 novos contaxios

Probas PRC Mónica Patxot

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés baixou dos catrocentos casos activos por covid-19. O balance diario do Servizo Galego de Saúde revela que ao 11 de marzo hai un total de 385 contaxiados. Son 34 menos que onte. Rexistráronse 11 novos contaxios.

Os pacientes hospitalizados con coronavirus, pola súa banda, volven incrementarse lixeiramente, ao chegar ata os 33, un máis que hai 24 horas. 

A maior parte dos ingresados (19) están en sendo atendidos en Montecelo. Outros oito están no Hospital do Salnés. Non hai ningún paciente covid, pola súa banda, no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

No caso dos críticos, que están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo, baixaron a 8, un menos dos que había onte.

O resto dos que contraeron o virus, outras 352 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.

Desde o inicio da pandemia 11.972 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 45 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 159 falecementos asociados ao virus.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 171.877, 813 nas últimas horas. Delas, 11 deron positivo (1,35%). A estas probas súmanse as 87.565 seroloxías realizadas ata a data. 

INCIDENCIA EN GALICIA

A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.092, 165 menos que o día anterior. Deles 1.133 son da área da Coruña, 236 da de Lugo, 213 da de Ourense, 385 da de Pontevedra, 543 da área de Vigo, 324 da de Santiago e 258 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 77 están en UCI, 271 en unidades de hospitalización e 2.744 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 108.842 persoas curadas, rexistrándose 2.284 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.740.620 probas PCR, 7.231 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar a 126 novos infectados.