A Área Sanitaria da conta de 37 novos casos activos de covid

Pontevedra
13 de setembro 2020

Mantéñense 12 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 pacientes covid na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. Así mesmo, permanecen outros 456 casos COVID evolucionando en domicilio

Xente paseando pola rúa Mónica Patxot

Este domingo 13 de setembro a Consellería de Sanidade informa de 37 novos casos activos de covid nesta Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

Mantéñense 12 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 pacientes covid na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.

Así mesmo, permanecen outros 456 casos COVID evolucionando en domicilio.

Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 1.095 pacientes (6 máis que no día de onte ) e faleceron por este virus na área sanitaria 18 pacientes.

En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas realizáronse 466, que se engaden ás 32.620 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.281 deles 1.304 son da área da Coruña, 814 da de Lugo, 473 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 366 da área de Vigo, 670 da de Santiago, e 184 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 221 en unidades de hospitalización e 4.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.222 persoas curadas, rexistrándose 681 falecementos.