O próximo mércores 10 de setembro ás 19,30 horas na Casa das Campas celebrarase a asemblea fundacional de Marea Pontevedra. Segundo informan os seus promotores a asemblea servirá para "definir a folla de ruta a seguir e a metodoloxía para un proceso cidadá de carácter democrático e participativo".
Marea Pontevedra é unha iniciativa impulsada por medio centenar de persoas aos que estes días se están a sumar novas adhesións. Para poder participar con voz e voto na asemblea fundacional so fai falla sumarse ao seu manifesto antes da asamblea.
Ata a celebración dese encontro, Marea Pontevedra non conta con órganos de dirección nin portavoces oficiais, estando aínda en proceso acumulativo de apoios.