Marea Pontevedra fará enquisas para elaborar o seu programa electoral

Pontevedra
11 de setembro 2014

Co firme propósito de presentar unha candidatura ás próximas eleccións municipais constituíuse este mércores o colectivo cidadán 'Marea Pontevedra' nunha asemblea celebrada na Casa das Campás á que asistiron máis de 50 persoas. A asemblea tanbién acordou elixir como voceiro o arquitecto pontevedrés Guillermo Casalderrey  

Co firme propósito de presentar unha candidatura ás próximas eleccións municipais constituíuse este mércores o colectivo cidadán 'Marea Pontevedra' nunha asemblea celebrada na Casa das Campás á que asistiron máis de 50 persoas.

Os integrantes deste movemento cidadán establecerán unha serie de contactos a partir de agora con diferentes asociacións e colectivos do municipio, ademais, co fin de recoller as demandas cidadás e aqueles problemas que máis preocupan na capital, encargarán medio millar de enquisas. A partir de todos estes contactos e sondeos irase conformando un programa político.

No mes de decembro empezará un proceso de primarias abertas para conformar unha candidatura.

A asemblea tamén acordou elixir como voceiro o arquitecto pontevedrés Guillermo Casalderrey.

A asemblea fundacional tamén aprobou os seus órganos de coordinación que estarán conformados por unha coordinadora xeral composta por 7 membros elixidos na asemblea e outros sete que sairán das distintas areas de traballo. A asemblea nomeou a Vanessa Angustia, Guillermo Casalderrey, Patricia Díaz, Virginia Díaz, Cynthia Piña, José Antonio Ramírez e Manolo Torres membros da coordinadora.