A bicicleta, tamén pola noite

Pontevedra
17 de maio 2014

A segunda edición da Bicifeira enche a cidade de actividades relacionadas coas dúas rodas. O colectivo Masa Crítica recibe o Premio de Movilidad Ciclista antes de protagonizar unha marcha nocturna  

Marcha ciclista nocturna organizada por Masa Crítica
Marcha ciclista nocturna organizada por Masa Crítica / Diego Torrado

A segunda edición da Bicifeira encheu a cidade de actividades relacionadas coas dúas rodas dentro da programación de Pontenbici.

A Praza de España acolleu gran parte das actividades, cunha exposición de bicicletas antigas ao que se sumaron exhibicións de karts a pedais ou diversas charlas e obradoiros.

O colectivo Masa Crítica recibiu ademais o Premio de Mobilidade Ciclista polo seu traballo en pos de promocionar o uso da bici.

Masa Crítica pechou a xornada cunha marcha nocturna que contaba cun dobre obxectivo: fomentar o uso da bicicleta tamén pola noite e concienciar aos condutores da necesidade de respectar a distancia de seguridade de metro e medio co ciclista.

Os actos relacionados coa Bicifeira péchanse este domingo cun taller sobre mecánica básica.