A Brilat pecha a operación 'Centinela Gallego' cun 88% menos de lumes

Pontevedra
18 de setembro 2018

Desde que comezase a operación o 15 de xullo, as Forzas Armadas contribuíron a que en 2018 a operación arroxe un balance positivo, con 450.000 quilómetros de patrulla –o que supón uns 200 quilómetros en coche cada día– e máis de medio cento de voos con sistemas de avión non tripulado 

Operación Centinela Galego
Operación Centinela Galego / BRILAT OC

A operación 'Centinela Gallego' chegou o pasado sábado 15 de setembro ao seu fin tras dous meses de colaboración das Forzas Armadas coas autoridades galegas na loita contra incendios forestais.

Desde que comezase o 15 de xullo, as Forzas Armadas contribuíron a que en 2018 a operación arroxe un balance positivo, con 450.000 quilómetros de patrulla –o que supón uns 200 quilómetros en coche cada día– e máis de medio cento de voos con sistemas de avión non tripulado. 

Segundo datos da Consellería do Medio Rural, a extensión de monte afectado polo lume en Galicia reduciuse nun 88%.

'Centinela Gallego' contou este ano coa participación de máis de 500 militares do Exército de Terra, en concreto da Brigada Galicia VII, procedentes das súas tres sedes en Asturias, Pontevedra e Valladolid, ademais de efectivos da Armada pertencentes ao Terzo Norte de Infantería de Mariña, con sede en Ferrol. 

Estas unidades, que cubriron parte de tres das catro provincias galegas, estiveron baixo o mando táctico do xefe da Brigada Galicia VII, o xeneral Antonio Losada

Durante estes dous meses as patrullas das Forzas Armadas trasladaron aos organismos implicados na loita contra incendios medio cento de avisos sobre incendios, conatos, queimas de restrollo e presenza de persoas sospeitosas e de material incendiario.