A Casa Azul acolle o Mural da Vida

Pontevedra
18 de novembro 2016

Este traballo artístico está organizado pola Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) coa intención de lembrar a necesidade de doazóns de órganocs, tecidos e sangue

Mural da Vida na Casa da Luz ASAMPO

A Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) presentou na Casa da Luz o seu Mural da Vida. Trátase dun traballo artístico integrado que conta coa achega solidaria e artesanal de diversos voluntarios e creadores para lembrar a necesidade da solidariedade humana para preservar a vida a través das doazóns de órganos e de sangue.

Con esta iniciativa búscase que aumente o movemento solidario da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos para, desta forma, multiplicar as posibilidades de supervivencia de moitas persoas que, nalgún momento da súa vida, poden chegar a precisalo.

A Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa en diversas iniciativas solidarias ao longo do ano, entre elas a andaina solidaria nocturna a Santiago de Compostela, coñecida como Pontevedrada.