A Comisaría di adeus a 16 policías que completaron as súas prácticas en Pontevedra

Pontevedra
13 de xullo 2021

A Comisaría Provincial de Pontevedra acolleu este martes o acto oficial de despedida dos 16 policías en prácticas da  XXXV Promoción da Escala Básica que durante os meses completaron a súa formación pasando polos distintos departamentos da Policía Nacional 

Acto oficial de despedida dos 16 policías en prácticas da XXXV Promoción da Escala Básica
Acto oficial de despedida dos 16 policías en prácticas da XXXV Promoción da Escala Básica / Policía Nacional de Pontevedra

A Comisaría Provincial de Pontevedra acolleu este martes o acto oficial de despedida dos 16 policías en prácticas da  XXXV Promoción da Escala Básica que durante os meses completaron a súa formación pasando polos distintos departamentos da Comisaría de Pontevedra.

Os policías en prácticas chegaron a Pontevedra en setembro superar as probas da oposición e un curso académico de carácter selectivo de formación na Escola Nacional de Policía en Ávila. Agora, tras varios meses en prácticas, completaron o seu período formativo. 

O acto de despedida estivo presidido pola comisaria provincial, Estíbaliz Palma, e polos distintos xefes de Brigada de Pontevedra. 

Tras o mesmo, desde a Comisaría destacaron que o módulo de formación práctica é especialmente importante para que os policías en prácticas obteñan o nivel de profesionalización requirido para o desempeño posterior das funcións policiais propias dos distintos postos de traballo que vaian ocupar.