A Consellería de Emprego ten en marcha dez programas formativos na comarca do Salnés

O Salnés
03 de decembro 2020

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luísa Piñeiro, visitou este xoves aos alumnos que participan no módulo de Cociña e Restauración que está a ter lugar en Vilanova de Arousa,  munipio que acollerá proximamente outro taller de xardinería

Visita ao obradoiro de emprego de Cociña de Vilanova de Arousa por parte da delegada da Xunta, Luisa Piñeiro
Visita ao obradoiro de emprego de Cociña de Vilanova de Arousa por parte da delegada da Xunta, Luisa Piñeiro / Xunta de Galicia

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, puxo en valor este xoves a "forte aposta" do executivo autonómico pola formación e o traballo no Concello de Vilanova de Arousa tras a concesión de dous obradoiros de emprego, que se suman á decena de talleres deste tipo que levarán a cabo durante o próximo ano na zona cun investimento total de 3,8 millóns de euros.

A representante da Xunta estivo acompañada polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, durante a visita realizada ao obradoiro de para xóvenes Mar de Santiago, con motivo do seu primeiro mes de actividade. Os 16 participantes desempregados menores de 30 anos formaranse durante doce meses en Cociña e Restauración. Neste municipio comezará este mes outra iniciativa centrada na xardinería.

“Creo que a aposta da Xunta de Galicia pola formación e o emprego queda máis que demostrada en Vilanova e, en xeral, en toda a bisbarra do Salnés, que recibirá case 4 millóns de euros, a maior cantidade de toda a provincia de Pontevedra, para desenvolver dez iniciativas laborais, entre obradoiros e programas integrados, para favorecer a empregabilidade de case 300 persoas”, explicou Luisa Piñeiro.