A deputada delegada de Príncipe Felipe, Eva Vilaverde, mantivo a finais de xaneiro unha xuntanza coa representación das traballadoras da empresa Linorsa para coñecer de primeira man a súa situación e as súas demandas. Resultado da xuntanza, a deputada provincial tivo coñecemento de que ditas traballadoras arrastran retrasos reiterados no cobro dos seus soldos.
A pesares de tratarse dunha relación laboral entre unha empresa privada e a súa plantilla, desde o ente provincial considérase que toda empresa con contrato público debe cumprir escrupulosamente coas súas obrigas laborais.
O contrato entre Deputación e Linorsa para cubrir o servizo de limpeza en Príncipe Felipe estará en vigor ata agosto de 2017.
Toda vez coñecida a situación, a Deputación está estudando a maneira de que a empresa garanta o respecto aos dereitos laborais das traballadoras. Neste sentido, a deputada provincial xa adquiriu un compromiso coas traballadoras para manter unha xuntanza coa empresa e aplicar as fórmulas acaídas para facer efectivas as súas reivindicacións.