O persoal de traballadoras da empresa Linorsa, interviñeron no Pleno da Deputación de Pontevedra para esixir aos deputados provinciais unha solución ante a falta de pagamentos desta empresa adxudicataria do servizo de limpeza no Centro Príncipe Felipe.
En nome do persoal actuou como portavoz Isabel Rúa Gómez, limpadora e membro do comité de empresa que trasladou a "difícil situación" que atravesan "porque la empresa no está cumpliendo con sus obligaciones", e citou unha serie de falta de pagamentos e atrasos no cobro das nóminas "que ya se produjeron durante la anterior concesión" e agora, tras o novo concurso, repítense.
A estes incumprimentos sumaron unha serie de medidas que empeoraron a súa situación laboral, como o despedimento dunha compañeira e redución de xornada doutra unha "gestión pésima" que "repercute en el servicio y en las trabajadoras".
A día de hoxe, segundo o comité de empresa, a débeda de Linorsa con Facenda é "superior al millón de euros".
As traballadoras responsabilizan ao goberno provincial por non ter "ni la más mínima preocupación para establecer garantías" no proceso de adxudicación "después somos los trabajadores los que sufrimos las consecuencias", apuntaron.
"Vivimos de nuestro salario y en algún caso es el único ingreso de nuestras familias", asegurou Isabel Rúa.
Ante esta "incerteza sobre o noso futuro" o persoal de limpadoras esixe aos deputados que "no sean meros espectadores ya que también tienen respobsabilidad" por iso "les pedimos una solución".
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, respondeu a estas traballadoras dicindo que "o que vostedes reclaman é xusto, a empresa ten que facer fronte ao pago dos salarios, faltaría máis".
Ademas comprometeuse a "falar moi seriemante coa empresa" xa que entende que "é inasumible que vostedes estean nesta situación".
Por este motivo o goberno provincial, de maneira "inmediata", estudará "que medidas podemos tomar dende ou punto de vista xurídico e ainda que non é doado, isto non é impedimento".